Dezasete anos vendo unha realidade. Estou no proxecto de buscar outra.

domingo, 25 de enero de 2015

Instrumento de labranza de folla curva, grosa e forte co mango máis longo ca o da fouciña

Coñecedesme. Sabedes qué son, o que represento e o que fun fai anos. 
Non, probablemente non estea nas vosas casas pero sí nas dos vosos avós ou bisavós. Nun tempo fun moi importante, agora moitos levan un amuleto da sorte consigo que nunca poden deixar na casa, pois cara o 1922 ningún labrego podía saír sen min da súa casa. 
Recordo aqueles tempos en Sobredo nos que fun un arma, cando seguei brazos e pernas e fendinlle a cabeza a señoritos feudais, o meu dono collíame con rabia, con ganas de loitar e abofé que loitamos. 
Unhas mans fortes e rudas suxeitábanme, alzáronme no aire e escoitei como alguén pronunciaba as verbas de Basilio Álvarez. Él nomeabame, non teño un recordo nítido pero lembro que dícía: 
"Os nosos campesiños apercibíronse de que a fouce tanto tronza a herba como serve pra espantar o capataz e que á dinamita cústalle máis esnaquizar a pedra viva que os edificios carcomidos" 
Que orgullosa me sentín nese momento, sabía que valía pra loitar aínda que os señoritos nunca creran en min, eles enfrentábanse ao meu dono coas armas de fogo máis modernas do momento e eu alí estaba, empuñada por un home que levaba toda a vida traballando comigo e con máis azadas, intentado pagarlle as rendas aos señores das terras, con cinco fillos que criar e sen saber que ía a ser do seu futuro. A ocasión merecíase descargar toda esa rabia e facer dela anacos cos nobles que nos reprimían. 
Nunha mañá fría de novembro tivo lugar o enzarzamento, soaban as campás coma se estiveran loucas e sen ningún control, de feito pregunteilles que era o que sucedía e nin contestaron, convertéronse nunhas maleducadas ou quizáis tamén estaban fartas das miñas estúpidas preguntas, sempre me contaban quen morría pero aquel, non debía de ser o seu día. Erguéronme, saín ao frío, iba empuñada, moita velocidade, demasiada velocidade, caín, colléronme e de súpeto estaba con moitas coma min, todas iguais, asustadas coma os nosos donos pero con ganas de acabar con todo aquilo do que estábamos fartos. A rabia das persoas eran tan grande que ata chegaba aos obxectos coma nós, digno de admirar. 
Dende o alto vin coma un exército da garda cívil achegábase, estremécinme pero fun a por todos eles. 
Un paso, dous, tres, a cada paso a rabia aumentaba como tamén o medo. 
Coma quen non o espera, disparos, disparos indiscriminados por todos lados. Seguín adiante, caeron ao meu lado varios, pero eu seguín e enfronteime como puiden a aquela que se ría, chamábana escopeta, nunca vira unha igual, era rara, tiña a boca aberta e mireira desafiante durante unha milésima de segundo logo o seu dono golpeou ao meu con ela na cabeza, fendeulla e o meu amado dono labrego e eu comezamos a dar pasos torpes, pasos de baile desorientados que acabaron por tumbarnos no chan, ata que non sei moi ben como, da boca da puta escopeta saiu unha boliña negra, puiden ver como saía a cámara lenta de alí, como voaba hacia a dirección que o señor marcara, como directamente se introduciu na cabeza do meu amo. 
Chorei, chorei ríos de sangue, as mans rudas que sempre me suxeitaran perderon toda a forza e quedei deitada no chan, coma el. Quedei alí, toda a tarde, toda a noite chorando, a el levárono e deixei de chorar. Xa non tiña nada, estaba soa pero non podía permitir que iso me vencera, comecei a pensar en todos os homenaxes que me fixeran. 
Como o símbolo da bandeira comunista ou cando Cabanillas escribiu un poema no que me nomeou e fun símbolo de loita novamente, reciteino.


É noite e a lúa
seus raios desfía.

¿Qué é aquelo que-en medio
da eira rebrila?

¿Qué é aquelo que loce
como unha estreliña
e fái que o labrego
tembrando se espila?

¡Das xentes do embargo
librada á rapiña,
no chan, unha fouce
quedóu esquecida!

O probe paisano,
erguéndose axiña,
a fouce recolle
como unha reliquia;
e o mesmo que fora
aquela filliña
que Dios lle levara,
xa a arrolla xa a bica,
rosmando antre dentes:

¡Ou fouce bendita,
xa séi o que queres!
¡Que faga xusticia!

Non sei canto tempo estiven lembrando, iso non o recordo, que irónico.



Despois de xa estar cansa de tanto pensar sentín como unhas mans suaves e pequenas agarrabanme, levantabanme e escoitei: Mira mamá voume quedar isto para facer como os veciños, vou loitar para facer xustiza. 


domingo, 18 de enero de 2015

O único que nos pertence

Despois de moito cavilar e darlle voltas a diferentes ideas, quédome como empecei, sen nada. Non é que non haxa dirversas maneiras de expresar a cultura galega é que non encontro a que me define plenamente. O teatro, o cine, a música, a pintura, a escultura e incluso a aquitectura poderían formar parte de min, formar parte de cada un de nós.
Penso que chegada a esta última entrada de Galcia Culta poido, e gustaríame, sacar unha conclusión.
Ademáis de todas estas formas ás que pode adaptarse a cultura galega, penso que cultura tamén somos nós, quero dicir, se o pensamos ben o que un fai reflexa quen é un e por iso cada proxecto que sae de nós somos nós adquirindo novas formas. Non me comparedes estas dúas frases coa metafísica de Aristóteles ou a teoría das ideas de Platón, pero quero con poucas palabras facervos pensar un pouco.
Cada unha das entradas que fixen trataron sobre temas diferentes pero ao fin e ao cabo non son só temas senón tamén persoas que é a donde quero chegar eu, ás persoas, e como eu o resto de actores, actrices, pintores, escultores, directores, arquitectos e músicos do mundo, porque o importante ven a ser iso, crear un sentimento a alguén.
Xa, xa, xa..agora me diredes que non, que a moitos o que lles importa son os cartos que levan no peto, como diría miña avóa, pero a todos os que pensades iso a verdade e que tamén vos está causando un sentimento de rabia polo tanto están chegando ao voso interior sin intención si quera.
Pois ben o único que pretendía con estas poucas letrras e palabras era dicir que cultura e igual a sentimentos e que sen eles, por moita cultura que se cultive pouco froito se vai quitar dela, así que se algunha vez pensades ou botades de menos algo da vosa cultura, acordadevos de vós mesmos, ao fin e ao cabo é o único que nos pertence.

Chanfaina de filmes


Disfrutade o video e espero que vos guste :)

sábado, 13 de diciembre de 2014

Dende Malpica para o mundo

Impresión 3D.
Estou segura de que poucos sabedes do que falo, de feito moitos non teredes nin idea de que vai o asunto, de que é iso da impresión 3D... como a cara que se lle queda aos vellos cando lles falan do tal skype que disque se pode ver a unha persoa que está na outra punta do mundo, pois igual. Imaxino a moitos de vos cunha cara similar.
Gustaríame darlle un pouco de luz ao asunto do deseño, en concreto da impresión 3D, unha nova e innovadora forma de crear obxectos a partir dun prototipo deseñado por un ordenador, algo que fai 20 anos sería impensable. Como exemplo vouvos ensinar a un tipo galego que está triunfando neste eido, no só en Galicia e España senón tamén en países como Israel e demáis. Pero antes de mostrarvos o triunfo polo mundo deste galego primeiro hai que facerse unha idea como funcionan as impresoras 3D, como son, como funcionan e que son capaces de facer, dende unha bisagra dunha porta, pasando por unha caixa ata facer unha mini Torre Eiffel con todos os detalles. Mirade como se pode facer algo así: 


Neste video móstrase unha impresora 3D de Ecuador pero non fai falta irse tan lonxe para atopar cousas similares no noso país. Hoxe en día Javier Loureiro é un dos empresarios emprendedores que que está chegando ao mellor do mellor gracias a súa empresa na que fabrica productos para as impresoras 3D. A súa empresa chámase Static Boards que conta cunha paxina web tamén versionada en inglés que ten unhas imaxes da impresora moi chulas. 
Javier reside en Malpica e alí é onde elabora todas as pezas da impresora que logo comercializa en distintos países do mundo.
Preguntarédesvos como un home de Malpica que aínda hoxe reside alí fixo que as súas pezas chegaran ata Israel. Pois é algo moi sinxelo de responder, non preciso se quera información porque creo, aínda que non teño a verdade absoluta, que todo é producto do enxeño, da ambición e sobre todo por apostar polo seu soño aínda sendo ben diferente ao da maioría da xente, pero non podemos xulgalo, cada un ten o seu e non por iso é mellor ou peor, máis imposible ou menos simplemente é seu. 
Javier apostou polo que el quería facer, e gracias ao seu esforzo e a súa muller hoxe está onde está, expandendo a súas pezas por todo o mundo, dende Malpica para Francia, Estados Unidos, Israel etc. 
Fai unha semana ou menos dedicouselle unha noticia en "La Voz de Galicia", nela contase todo o que fixo antes de este proxecto e paréceme digno de ler. 
Non entendo porque se lle dará tan pouca importancia a este ámbito da cultura, porque verdadeiramente é super importante, quen pensa que dentro duns anos pode ter unha impresora na súa casa que se lle rompe a tapa a unha fiambreira pode elaborar outra NA SÚA PROPIA CASA. Non vos parece moi útil? Porque como iso, moitas cousas máis. 
En fin, nesta ocasión non encontro mellor frase para rematar a entrada qué a que un día dixo o filósofo Kant: "Ten valor de servirte  da túa propia intelixencia".


lunes, 8 de diciembre de 2014

Actuar é como baixar os pantalóns. Expós a túa intimidade.

Nun principio pensei tratar un tema relacionado coa nova tecnoloxía, pero varios obstáculos impedironmo facer esta semana, polo que terei que esperar á próxima a ver se hai sorte. Outra idea que tiña en mente é a seguinte, a de falar do teatro como fixen la entrada do blog xeral pero esta vez dunha forma máis proxima a cada un de nós, dunha forma á que se quixeramos poderíamos achegarnos cada fin de semana, case, e senón, cada mes, o teatro. As obras teatrais en galego levan facéndose dende hay máis de 80 anos pero o importante é o de hoxe en día, e gustaríame que estiverades enterados que de que actualmente se buscades "compañías de teatro galegas" hai máis de 130000 resultados, e por algo será.
O teatro galego non só se pode atopar aquí senón que tamén se está extendendo a outros lugares do mundo e así pouco a pouco adquirindo prestixio, como a compañía Chévere á que lle outorgaron o premio nacional de teatro deste ano. É asombroso que un premio desta categoría fora recibido para alguén da nosa terra e non tiveramos constancia del. Aínda que este grupo merecería non unha entrada, senón varias, hoxe apetéceme falar do descoñecido e do que aínda non tivo tanto éxito, como é Talía Teatro , preguntarédesvos porque este grupo e non outro. Pois ben, porque cando tiña 14 anos vin unha das súas obras de teatro chamada Pelos na lingua e sinceramente non a entendín.
Esta obra consistía nunha sucesión de esceas da vida real na que unha nena falaba galego e os seus maiores intentabana apartar da súa lingua, entre outras. Como dixen, non a entendín, e tres anos despois percatome de que todas esas situacións eran totalmente reais e que o que pretendían eran chamar a nosa atención, dignificar a lingua e que ningún de nós tivera reparo en falala. Por iso hoxe estou falando dela, porque a diferenza desta con calquera compañía de Madrid ou Sevilla e que elas non pretenden dignificar o teatro e a lingua galega senón simplemente entreter.
Así que Talía Teatro leva 26 facendo marabillosas composicións teatrais das que cada galego debería sentirse orgulloso por portar un pedaciño de cultura.
Está composta por un gran gurpo de actores cunha gran traxectoria profesional digna de admirar e, que espero, que cedo se recoñeza o seu traballo.
Talía Teatro estivo ata onte en CULTURGAL unha feria de mostras na que se reúne o máis actual e moderno do noso país para promocionarse. Nela concentránse distintos ámbitos culturais e dentro deles o teatro está ocupando gran espacio.
Esta feria é a gran oportunidade para os emprendedores galegos de darse a coñecer ou expandirse, o problema ven cand ningún medio de comunicación a nivel nacional se preocupa por promocionar este tipo de eventos e así seguimos, nós, os adolescentes, sen enterarnos de nada ou ben pola pouca ansia ou ben pola pouca facildade que temos para coñecer este tipo de eventos. Digóo no sentido de que senon poñemos: Culturgal el google non o atopamos ou dificilmente o faremos.
Pola labor de compañías como Talía Teatro e por eventos como Culturgal debemos estar agradecidos e responder a estas accións da maneira que mellor sepamos, como participando en este tipo de eventos, dandoos a coñecer etc.
Aquí vos deixo un resumo desta útima edición de culturgal: FARO DE VIGO



miércoles, 26 de noviembre de 2014

Maio sempre foi un mes moi galego

Supoño que a maioría de vos coñecedes a existencia dos maios pero outros moitos non teñen nin idea, sobretodo os nenos máis pequenos qué, co paso do tempo van perdendo estas bonitas costumbres que  marcaron a infancia de moitos, a miña por exemplo.
No meu antigo colexio a principios de cada mes de maio celebrábamos, e seguen celebrando, a festa dos maios. En Valdoviño consiste en encher de flores e verde de tulla uns soportes con formas de arbóres. Isto soen facelo os reinos máis pequenos. Porque os maiores crean unhas alfombras xigantes de pétalos no patio do colexio. Todo o colexio queda precioso e é moi entretenido. Ademáis a profesora de música ensina unhas cancións referentes ao maio e que, eu dende que son pequena aprendín e aínda non as esquecín. Un trociño da canción era:

                                                     "Maio, maio, vístete de crego 
                                                      castañín para mín. 
                                                      Levántate maio que xa non é cedo
                                                      e marcha pra casa que xa metes medo."

A parte desta había outras e sabíamolas todas. Para nós estas festas sempre foron unha actividade de entretemento e para recibir a chegada da primavera. Noutros lugares fanse outro tipo de celebracións aínda que sempre sempre teeñen que ver coas flores. Pero nalgún momento do pasado, como o que estamos estudando, foi un ritual que vai máis alá do recibimento da primavera, facíase para conseguir boas colleitas, festexar o bó tempo ou incluso podían ser ritos de fecundidade porque coa primavera nacen as flores das árbores froiteiras e polo tanto iso tamén ten un sentido metafórico hacia a fecundiade. 
Encantaríame poder vivir un deses momentos no pasado, uns campos xigantes, un pobo reunido, mulleres e homes cunhas coroas de flores naturales grandes e preciosas e os nenos xogando entre prados florecidos. E nun momento dado reunirse todos, grandes e pequenos e invocar aos Deuses respectivos para conseguir os nosos desexos de primavera ata que chegue o verán. Os castrexos celebraban outras chegadas das estacións, como o inverno, o carnaval, o día de defuntos...
Maio paréceme un mes bonito, galego e cheo de cambios ambientais que alegran ao pobo porque chove menos e calquera galego agradece iso. 
Pode que sexa casualidade que eu e máis os castrexos celebraran a chegada deste mes...pero tamén pode que se leve nos xenes. De calquera forma, maio é un mes moi galego por excelencia.


 
 

sábado, 22 de noviembre de 2014

E se fora doutra maneira...?

A MOURA DO RÍO DOS GAFOS
O lugar máis profundo do río dos Gafos, coñecido por poza da Moura, ao pé das Brañas de Salcedo, onde o Mar da Presa, encoro do muíño de Cabanas, está relacionado á lenda dunha moura,  unha encantadora muller de loiros cabelos, auténtico ser mítico do noso país:
Contan os nosos vellos que hai moito, moito tempo, un labrego da parroquia, alindaba o seu gando nas Brañas, á beira do río dos Gafos. Coma nun soño, de súpeto xurdiu unha fermosa muller cuns cabelos dos que saía un resplandor de luz do Sol. A engaioladora dama adiantoulle que unha das súas vacas quedara preñada había pouco e que ía parir dúas fermosas crías, un becerro e mais unha pucha. A cambio dos bos presentimentos, a moura pedíulle ao gandeiro que lle chimpase a becerra na poza cando a vaca dera a luz.
Pasaron os meses, o animal pariu e, como xa dixera a moura, trouxo unha repoluda parella de becerros. Lembrou, daquela, o noso home, o trato pactado. Botou contas e reparou que, na feira, pagaríanlle mellor a becerra, polo que en lugar de botar na poza a femia, botou o macho. Nun pestanexo, as augas calmas argallaron un remuíño e do ollo da ola saíu unha grade de pau. Sentada nunha pena do río, apareceu a moura, recriminoulle ao labrego as súa falsedade, antes de desaparecer no río, díxolle que de cumprir co trato, teríao agasallado cunha grade de ouro.

E...agora ben. Que pasaría se esta fermosa muller en vez dunha moura, desas que os romanos denominaron "os outros" fora unha muller castrexa feita e dereita que non se andan con tonterías? Supoñamos que todo é exactamente igual pero en vez de aparecer unha moura e facer o trato con ela, é unha muller castrexa. Chegamos ata o punto en que a vaca do labrego ten dous fermosos becerros, un pucho e unha becerra. 
Pois ven, velaquí outro final alternativo para esta lenda: 
...Pasaron os meses, o animal pariu e, como xa dixera a castrexa, trouxo unha repoluda parella de becerros. Lembrou, daquela, o noso home, o trato pactado. Botou contas e reparou que, na feira, pagaríanlle mellor á becerra, polo que en lugar de botar na poza a femia, botou ao macho. De súpeto as augas comezaron a volverse turbias e facer unha especie de remuíño que sorprendeu moito ahora labrego. A muller castrexa apareceu na cúspide do remuíño e o home caeu ao chan do medo que tiña. A castrexa comezou a berrar "Non hai peor persoa qué a que traizoa a cociencia nin peor castigo morrer nas miñas mans". 
A muller comezou a tirarlle recipientes, que ela usaba para a recolección, e pedras para moer e facer o pan e empanadas. Todas estas cousas comezaron a petarlle na cabeza ao home ata que éste perdeu o coñecemento e morreu  cunha pila de pedras sobre el. 
Neste momento as augas do río calmáronse e a castrexa sumerxiuse de novo nas profundas augas. 
A  metafora desta lenda e que : NUNCA, PERO NUNCA, DEBEMOS TOCAR A MORAL NIN SUBESTIMAR A UNHA MULLER, E MENOS SE É CASTREXA.