Dezasete anos vendo unha realidade. Estou no proxecto de buscar outra.

jueves, 26 de febrero de 2015

O que non vai de vivo, vai de morto.

Aquí vos deixo o último video que se me ocurreu facer. Decidín poñerme na pel dunha irmandiña e este foi o resultado de contar unha historia dunha maneira un pouco diferente. 



sábado, 7 de febrero de 2015

Bazán contra o convenio

Galicia ceibe, palabras que se me veñen á mente cada vez que teño que facer unha entrada. 
Busquei en internet, fun a biblioteca do meu concello e, francamente, non atopei nada que me chamara a atención, nada que fora suficiente para min como para crear algo que merecese a pena ler. Non sei se isto valerá a pena pero para min é máis valioso que calquera información que puidera atopar nos libros, revistas ou periodicos. 
Pensaba que para atopar algo especial debería irme ao pasado máis pasado que coñezo, aos Irmandiños, ao Medulio ou algo así. 
Inocente de min, non sabía que unha historia especial gardabáa alguén con meu apelido, ou máis ben, eu tiña o seu apelido. Esta historia non trata da revolución industrial ou da rebelión do pobo contra os nobles, senón que trata o rexeitamento de Bazán por firmar o convenio das factorias dos traballadores. 
Quén ma contou foi miña nai porque, cando se produciu unha manifestación en contra do convenio, ela estaba alí e só tiña 15 anos. 
"Todo sucedeu un 10 de marzo de 1972, os traballadores de Bazán chegaron aos seus traballos e non se podía entrar porque o día anterior foran expulsados de alí pola policía. Os obreiros decidiron dirixirse á factoria de Astano para buscar apoio doutros traballadores e alí o paso estaba cortado pola Policía Nacional. 
A policía cargou contra os traballadores a balazos e os obreiros defendéronse con pedras, morreron dúas personas, Daniel e Amador e outras moitas resultaron heridas.
Eu cheguei a Ferrol sobre as nove da mañá e na plaza de España atopei a moreas de homes dicindo: HAI QUE MATALOS!
Non entendía nada porque de todo o que che contei entereime máis tarde. Tiven moito medo, crucei a plaza a toda pastilla e funme para o meu traballo que de principio abreu, pero a media mañá viñeron os piquetes a cerrar todos os negocios. 
A cidade paralizouse, non había coches de liña, non había taxis nin trenes. Non había maneira de entrar nin sair de Ferrol. Tampouco sabíamos nada, a radio non dicía nada e a xente das aldeas coma miña nai estaba moi preocupada porque tiña en Ferrol un home, unha filla e un fillo dos que non sabía nada.
Nunca pasei tanto medo coma ese día, aquilo parecía o principio dunha guerra, ou polo menos do que eu concibo como guerra, só había homes a berros e con moita rabia. 
Meu pai veu a por min e polo meu irmán, que estaba no instituto, e chamou a un taxi de Valdoviño que dixo que só podía chegar ata As Sindicales, que de ahí non pasaría porque non se sabía o que había no centro. 
Fumos andando ata As Sindicales e alí collemos o taxi e volvemos á casa, no camiño encontramos a miña nai andando pola carretera, viña na nosa busca. 
Non podo recordar nada máis dese día, o medo que pasei, a angustia que vivín e as verdadeiras revoltas galegas que eu descoñecía." 

Sempre nos din que Galicia é sumisa, 
que en Galicia non houbo guerra, pero porfavor,
que llo pregunten á miña nai. 
Revoltas grandes ou pequenas que van marcando
a nosa terra e tamén á nosa xente.