Dezasete anos vendo unha realidade. Estou no proxecto de buscar outra.

martes, 19 de mayo de 2015

A memoria do pasado

O ciclo da vida, nacer, vivir e morrer, e mentres vivimos pensamos, agrupamos e recordamos.
Pero que pasaría se a "memoria a longo prazo desaparecera".
Non é complicado e menos co ritmo que levamos, as enfermidades dos nosos maiores son,cada vez máis, de tipo crónico e o que son vellos, en Galicia non faltan.
Así que se lle botamos un pouco de imaxinación e a vista a diante poderíase dicir que se a poboación segue avellentándose, enfermidades como o alzheimer será o único que se manteña vivo nas nosas mentes.

E se vas pola rúa e non sabes onde estás?
E se ves aos teus netos e non os coñeces?
E se queres pensar, e non sabes?
E se che din que tes oitenta anos e non o sabes?
E, sobre todo, se todo o mundo está coma ti?

Que sería a verdade e que non? Que poderíamos facer nós para evitalo, se en verdade o único que temos son vellos sen memoria e historias revoltas nas mentes dun e doutros.

Isto sería algo similar a estar cantando unha canción e ir esquecendo partes da letra ata chegar a esquecer ata o ritmo. Aínda así, sempre din que o último que se esquece son os recordos máis antigos, por iso todos seríamos como nenos enrrugados, cheos de felicidade e tristeza no noso interior, sen saber dela.
Quizais ese sería o momento no que chegaríamos ao país de nunca xamais, porque viviríamos e morreríamos como almas cheas e vacías ao mesmo tempo.

Nin  se quera os máis fortes se poderían escapar diso, e cos máis fortes refírome a empresas que nos absorven a vida. Así, nese momento sería no único no que estaríamos todos nas mesmas condicións.
Se non hai memoria viva, non hai débedas, non hai privilexios nin castigos.
Non hai clases medias, nin baixas, nin altas, nin gordas nin flacas porque ninguén sabería o que iso significa.
E diredes vós, e os nenos?
Os nenos tampouco non poderían entender nada polo simple feito de que o alzheimer adáptase ao noso corpo como o fixeron outros aspectos físicos, como a desaparición da cola.
Con isto quero dicir que o alzheimer non afectaría unicamente a señores de 80 anos senón que cada vez empezaría a unha idade máis temperá, así os pais deses nenos tampouco recordarían nada e polo tanto serían nenos horfos de coñecementos, de verdade, de vida.

Isto, a vez que imaxinativo e posible se nós, os novos, non lle poñemos remedio. As taxas de natalidade deben aumentar para que isto non suceda e así liberarnos de todo esquecemento.

domingo, 3 de mayo de 2015

A mirada fixa do planeta

Dende o ano 2000 a poboación en Galicia sofreu un proceso de avellentamento que a levou á morte da terra.
As taxas de natalidade descenderon e as de mortalidade tamén, polo o resultado é:
NINGUÉN NAS RÚAS
NINGUÉN NOS PARQUES
NINGUÉN NA COCIÑA DE XOGUETE
NINGUÉN NO TALLER DO COCHE DE PLÁTICO
NINGUÉN CHORANDO TRAS UNHA CAÍDA
NINGUÉN PEDINDO A TETA DA SÚA NAI.
NINGUÉN POR NINGURÉS.
Pero sempre din que para todo regra hai unha excepción que a confirma. Ninguén agás os vellos nos xeriatricos de mala morte, exacto, morte,  como o obxectivo ao que camiñan todas estas persoas presas das costas, da prostata e atadas a mil cadeas con nomes de enfermidades do que son, vellos. 

Isto chegou ao punto de desaparecer a vida humana no territorio galego. Cara o 2050 xa non había rastros dos seres humanos en Galicia, só quedaban os ceminterios cheos de almas mortas e de corpos comidos polos vermes. 
Os galegos máis "novos" fuxiron de aquí porque senón había traballo, quedarse aquí, non tiña razón de ser. Os que non fuxieron, morreron co tempo, todos eran persoas maiores que podían abastecerse cos seus propios cultivos pero cando a un lle chega a hora xa non hai pataca que o salve. Por iso, chegou un momento no que Galicia converteuse nun lugar inóspito e deserto, non de auga, senón de persoas. 
Este feito non tivo repercusións para o resto do mundo, non causou furor, nin moito menos converteuse nalgo importante para o universo. Pero eu sempre estudei que cando o mundo sufrira a desertización un dos únicos lugares do planeta que podería seguir tendo auga doce sería Galica, e foi nese momento, cara 2058 cando todos os ollos do planeta volvero a mirar cara a nosa terra.

Como era de esperar África quedou desértica, de auga e de persoas, os que non morreron cruzaron o estreito ou lanzaronse en pateras cara o inmeso mar porque alí, neses ollos de madeira que flotaban sobre o mar, íballes a vida.
Logo afectou a América e finalmente a Asia e a Europa. Só os nosos escasos 30000km cadrados estaban salvados. A causa do despoboamento durante os 40 anos anteriores, os acuiferos, pozos e demais embalses tiveron tempo a aumentar a súa capacidad e grazas a iso Galicia recibiu a mirada que nunca a observara con tanto repouso.