Dezasete anos vendo unha realidade. Estou no proxecto de buscar outra.

domingo, 8 de marzo de 2015

tatara tatara tatara TA

Manuela.
Ese houbera sido o meu nome se miña nai lle houbera feito caso ao meu pai. Ao final tocoume Elisa porque miña bisavóa chamábase así, tamén o elixiu meu pai.
Un día ocorreuseme preguntar porque a elección era Elisa ou Manuela e meu pai contesteume que Manuela era o nome da miña tataravóa e por iso era un posible nome.
Obviamente, eu non a cheguei a coñecer nunca pero ese día que preguntei contaronme algunhas cousas dela e a verdade e que non comprendín moi ben o que podía significar todo o que ela vivira.
Cando vin unha foto súa entendino todo mellor, a súa mirada trasmitíame moitas máis cousas que calquera historia, conto ou lenda dela podería significar para min.
O primeiro no que me fixo cando coñeco a alguén é na súa mirada, e pode soar típico pero é así. Aínda así hai un pequeno mátiz porque toda a xente se fixa nos ollos pero eu fíxome nas miradas que para min é o único camiño para chegar ao interior dunha persoa.
Non sabemos cando naceu nin morreu pero facendo cálculos tivo que nacer hacia o 1880

Aquí ela ten entre 60 e 70 anos e este aspecto e de alguén bastante máis maior pero o seu pequeno sorriso é máis inocente que ca o de algún adulto. Esta claro que nesa
época o tempo pasaba por enriba da xente dando fortes pasos e deixaba as súas pegadas no rostro das persoas, a Manuela pasaballe iso.

Ter seis fillos no 1900 non era nada fácil e menos se o teu marido morre ao pouco de nacer estes nenos.
Podedes ver nos seus ollos o paso da Guerra de Cuba , da Dictadura de Primo de Rivera , da Segunda República, da Guerra Cívil e da Dictadura Franquista?

Non sei se ela sería republicana ou falanxista, porque na época ou eras dun bando ou eras doutro. O que creo é que ela tivo que vivir todo aquilo, as cartillas de racionamiento para a alimentación, que os seus irmás tiveran que loitar en bandos diferentes e nin se quera o fixeran por elección quizáis ou lle morrera un irmá, un pai ou un curmá na guerra.
A expresión dos seus ollos non mostra o contrario e a ver quen pode levar a contraria ao nivel de sinceridade máis extrema, unha mirada e un extraño sorriso.
Mirandoa detenidamente a min tenme un certo parecido ao cadro de Leonardo Da Vinci, a Mona Lisa. Isto non o digo nada máis que para darlle un pouco de humor ao asunto xa que me parece unha fotografía bastante mística.
Se lle tapamos os ollos parece que ri, pero se lle tapamos a boca parece que está chorando, podedes velo? bueno, máis ben sentilo.
Para min esta entrada está chea de sentimento e gran historia.