Dezasete anos vendo unha realidade. Estou no proxecto de buscar outra.

sábado, 13 de diciembre de 2014

Dende Malpica para o mundo

Impresión 3D.
Estou segura de que poucos sabedes do que falo, de feito moitos non teredes nin idea de que vai o asunto, de que é iso da impresión 3D... como a cara que se lle queda aos vellos cando lles falan do tal skype que disque se pode ver a unha persoa que está na outra punta do mundo, pois igual. Imaxino a moitos de vos cunha cara similar.
Gustaríame darlle un pouco de luz ao asunto do deseño, en concreto da impresión 3D, unha nova e innovadora forma de crear obxectos a partir dun prototipo deseñado por un ordenador, algo que fai 20 anos sería impensable. Como exemplo vouvos ensinar a un tipo galego que está triunfando neste eido, no só en Galicia e España senón tamén en países como Israel e demáis. Pero antes de mostrarvos o triunfo polo mundo deste galego primeiro hai que facerse unha idea como funcionan as impresoras 3D, como son, como funcionan e que son capaces de facer, dende unha bisagra dunha porta, pasando por unha caixa ata facer unha mini Torre Eiffel con todos os detalles. Mirade como se pode facer algo así: 


Neste video móstrase unha impresora 3D de Ecuador pero non fai falta irse tan lonxe para atopar cousas similares no noso país. Hoxe en día Javier Loureiro é un dos empresarios emprendedores que que está chegando ao mellor do mellor gracias a súa empresa na que fabrica productos para as impresoras 3D. A súa empresa chámase Static Boards que conta cunha paxina web tamén versionada en inglés que ten unhas imaxes da impresora moi chulas. 
Javier reside en Malpica e alí é onde elabora todas as pezas da impresora que logo comercializa en distintos países do mundo.
Preguntarédesvos como un home de Malpica que aínda hoxe reside alí fixo que as súas pezas chegaran ata Israel. Pois é algo moi sinxelo de responder, non preciso se quera información porque creo, aínda que non teño a verdade absoluta, que todo é producto do enxeño, da ambición e sobre todo por apostar polo seu soño aínda sendo ben diferente ao da maioría da xente, pero non podemos xulgalo, cada un ten o seu e non por iso é mellor ou peor, máis imposible ou menos simplemente é seu. 
Javier apostou polo que el quería facer, e gracias ao seu esforzo e a súa muller hoxe está onde está, expandendo a súas pezas por todo o mundo, dende Malpica para Francia, Estados Unidos, Israel etc. 
Fai unha semana ou menos dedicouselle unha noticia en "La Voz de Galicia", nela contase todo o que fixo antes de este proxecto e paréceme digno de ler. 
Non entendo porque se lle dará tan pouca importancia a este ámbito da cultura, porque verdadeiramente é super importante, quen pensa que dentro duns anos pode ter unha impresora na súa casa que se lle rompe a tapa a unha fiambreira pode elaborar outra NA SÚA PROPIA CASA. Non vos parece moi útil? Porque como iso, moitas cousas máis. 
En fin, nesta ocasión non encontro mellor frase para rematar a entrada qué a que un día dixo o filósofo Kant: "Ten valor de servirte  da túa propia intelixencia".


lunes, 8 de diciembre de 2014

Actuar é como baixar os pantalóns. Expós a túa intimidade.

Nun principio pensei tratar un tema relacionado coa nova tecnoloxía, pero varios obstáculos impedironmo facer esta semana, polo que terei que esperar á próxima a ver se hai sorte. Outra idea que tiña en mente é a seguinte, a de falar do teatro como fixen la entrada do blog xeral pero esta vez dunha forma máis proxima a cada un de nós, dunha forma á que se quixeramos poderíamos achegarnos cada fin de semana, case, e senón, cada mes, o teatro. As obras teatrais en galego levan facéndose dende hay máis de 80 anos pero o importante é o de hoxe en día, e gustaríame que estiverades enterados que de que actualmente se buscades "compañías de teatro galegas" hai máis de 130000 resultados, e por algo será.
O teatro galego non só se pode atopar aquí senón que tamén se está extendendo a outros lugares do mundo e así pouco a pouco adquirindo prestixio, como a compañía Chévere á que lle outorgaron o premio nacional de teatro deste ano. É asombroso que un premio desta categoría fora recibido para alguén da nosa terra e non tiveramos constancia del. Aínda que este grupo merecería non unha entrada, senón varias, hoxe apetéceme falar do descoñecido e do que aínda non tivo tanto éxito, como é Talía Teatro , preguntarédesvos porque este grupo e non outro. Pois ben, porque cando tiña 14 anos vin unha das súas obras de teatro chamada Pelos na lingua e sinceramente non a entendín.
Esta obra consistía nunha sucesión de esceas da vida real na que unha nena falaba galego e os seus maiores intentabana apartar da súa lingua, entre outras. Como dixen, non a entendín, e tres anos despois percatome de que todas esas situacións eran totalmente reais e que o que pretendían eran chamar a nosa atención, dignificar a lingua e que ningún de nós tivera reparo en falala. Por iso hoxe estou falando dela, porque a diferenza desta con calquera compañía de Madrid ou Sevilla e que elas non pretenden dignificar o teatro e a lingua galega senón simplemente entreter.
Así que Talía Teatro leva 26 facendo marabillosas composicións teatrais das que cada galego debería sentirse orgulloso por portar un pedaciño de cultura.
Está composta por un gran gurpo de actores cunha gran traxectoria profesional digna de admirar e, que espero, que cedo se recoñeza o seu traballo.
Talía Teatro estivo ata onte en CULTURGAL unha feria de mostras na que se reúne o máis actual e moderno do noso país para promocionarse. Nela concentránse distintos ámbitos culturais e dentro deles o teatro está ocupando gran espacio.
Esta feria é a gran oportunidade para os emprendedores galegos de darse a coñecer ou expandirse, o problema ven cand ningún medio de comunicación a nivel nacional se preocupa por promocionar este tipo de eventos e así seguimos, nós, os adolescentes, sen enterarnos de nada ou ben pola pouca ansia ou ben pola pouca facildade que temos para coñecer este tipo de eventos. Digóo no sentido de que senon poñemos: Culturgal el google non o atopamos ou dificilmente o faremos.
Pola labor de compañías como Talía Teatro e por eventos como Culturgal debemos estar agradecidos e responder a estas accións da maneira que mellor sepamos, como participando en este tipo de eventos, dandoos a coñecer etc.
Aquí vos deixo un resumo desta útima edición de culturgal: FARO DE VIGO