Dezasete anos vendo unha realidade. Estou no proxecto de buscar outra.

sábado, 25 de octubre de 2014

Pingas con denominación de orixe

Cantos días ao ano chove en Galicia? Cantas formas hai de designar á choiva?
Pregunta que obviamos pero que despois de ser plantexada xera curiosidade no noso interior e relacionamola coa paisaxe.
Para estas preguntas, hoxe traio resposta pero antes de dala gustaríame facervos pensar un pouco ou polo menos que vexades e escoitedes o que outras persoas responderon as miñas preguntas.


Case todas as persoas acertaron cantos días chove ao ano en Galicia, entre 200 e 260, pero ningunha delas soubo dicir cantas palabras existen para designar á choiva.

Como se o galego non fora un idioma o suficientemente rico como para ter ata SETENTA formas para chamar á choiva. Nigún de nós o podería imaxinar, mais si saber que aquí chove moito, case todo o ano.

Sería sinxelo relacionar a cantidade de auga que cae no noso territorio coa cantidade de palabras que poden existir, pero quen vai a pensar que poden exisitir tantas palabras para chamar á choiva.
O resultado de toda a  borraxeira, arroiada, parruma, treboada, cebrisca... en parte, somos nós e a nosa paisaxe. A saraiba do inverno e a brétema das mañás do outono, pingas con denominación de orixe que cobren as rochas máis antigas de Europa e do mundo, o lugar a onde van de mortos os que non foron de vivos, o canón do río Sil e todas as demais belezas, pero tamén desfeitas do noso país.

70 designacións para a choiva nunca serán suficientes para nomear con unha cada día do ano, porque non se pode e porque non se quere, porque son as que nos identifican, as que hai e coas que Galicia sempre vai ir da man se nos esforzamos na labor. E como toda cousa boa...isto remátase, porque o breve e bó, dúas veces bó.
Un saúdo



miércoles, 15 de octubre de 2014

Galicia viste de luto

Algunha vez parastesvos a pensar como sería unha Galicia totalemente arrasada e devastada polos incendios forestais? Certo é que moitos deles son producto da natureza pero hai outros tantos provocados, intencionados e sen castigo. Poderíamos comezar a pensar que isto ten algún fin lucrativo. E… Quén é a xente que pode sacar beneficio de todos estes incendios? Pois ben, son todos eses pirómanos pagados polos grandes poderes económicos. E por qué?

Esa pregunta resulta difícil de responder. Pero estou segura de que hai quen o fai. Por exemplo; todas esas persoas que conseguen a madeira queimada a baixo coste, ou incluso gratis, para as súas celulosas, a degradación intencionada dos poderosos para acabar coa propiedade común e outras moitas razóns .
Aínda que nos últimos anos a cantidade de incendios forestais diminuíu, non resulta reconfortante. No 2013 producíronse case tres mil incendios en todo o ano, pareceme asombroso pero no tanto como o que nos indican as estadísticas de abaixo:


É totalmente sorprendente a cantidade de incendios que podemos atopar entre os anos 1996 e 2007, pero tras este ano a cantidade de incendios decrece e non pola disminución do seu número,senón polo constante crecemento dos equipos de extinción de incendios forestais autonómicos tralo traspaso de competencias dos anos 80 e o incremento da súa eficacia.
A día de hoxe aínda hay persoas que buscan o lucro condeandose a sí mesmos. Un día lin unha cita que falaba da deforestación pero que sinto moi axeitada tamén para este caso, é así: "Imaxínate que as árbores deran wifi,todo o mundo plantaría árbores como locos e acabaríamos coa deforestación, é unha lástima que só produzan o oxíxeno que respiramos".
A verdade e que ata que me interesei por este tema non sabía a cantidade de incendios que se producen e produciron en Galicia no pasado. Gústame plantexar preguntas e nesta entrada non vai a ser distinto. Ante quen e qué nos estamos a enfrontar cos incendios? Ante unha panda de pirómanos que o fan por gusto ou "afición", se e que a isto se lle pode chamar afición. Ou a un conxnto de persoas descoñecidas que de verdad poden quitar algún proveito con isto. Xulgade vós mesmos despois de ler todo.
Sei como é a Galicia verde que coñezo, as árbores, a biodiversidade e os montes. Non sei nin quero saber como é unha Galicia de luto, de luto pola cinza, pola destrucción das árbores e dos montes. E ti?


Aquí aporto unha canción do grupo Os Resentidos que está relacionada co tema que estamos a tratar e que se un grupo de música galega, de crítica e reivindicación fai ainda que sexa unha pequena nomeación aos incendios é que algo está a pasar.


viernes, 10 de octubre de 2014

POR FIN VENRES



Xa chega a fin de semana que todos ansiamos e por iso quero compartir con vós unha canción que sempre escoito nas orquestras das festas do verán, que boto moitísimo de menos e ponme moi contenta, non só polo ritmo tamén pola letra. A miña parte favorita é: "Aquí está o meu lar, onde se acaba o mar" creo que pode representar unha parte de min.


Boa fin de semana e a disfrutala!

sábado, 4 de octubre de 2014

A beleza superficial vs a "beleza" real.

Como sobre o tema de "Galicia é bonita" vou ter que tratar variantes hoxe comezarei por algo que realmente revolveume o estómago cando o vin e sentín moita impotencia. A minería en Galicia, concretamente a mina de Corcoesto. Falo desta porque é a que tivo un bombo máis grande nos últimos tempos e porque ata entón eu non tivera coñecemento sobre nada parecido e agora mesmo estou sergura de que foi pola manipulación da prensa.
A mina de Corcoesto está situada na Comarca de Cabana de Bergantiños onde antigamente houbo outra mina áurica practicamente esgotada. Unha compañía canadiense quere reabrir esa mina e através de productos altamente tóxicos e recuperar a seu posible e escaso ouro. Todo isto provocou un descontento en grandes colectivos, poboación e asociacións que protestaron durante meses contra este proxecto e que finalmente foi suspendido. Pero queridos lectores, non vaian a pensar que foi pola razón lóxica que todos pensamos, non, non foi porque causaría danos irreparables no noso país, foi por outras razóns que a Xunta nunca aclarou por completo xa que houbo moitas e diferentes explicacións.
Despois de que me plantexaran o de "Galicia é bonita" a miña cabeza viu isto subitamente e xustamente por iso pareceume que este debería ser o primeiro tema a tratar no meu bolg.
Galicia é bonita con canteiras minerias implantandose por todo o territorio? Con ríos contaminados pola minería? Con fortes cambios nos estratos do solo? Coa pérdida de especies por culpa das canteiras? Se a resposta a todas estás preguntas era que NON, ao mellor temos que volver a a facer o primeiro traballo que Manolo nos mandou (Tres fotos do que significa Galicia para ti) estou segura de que ningún de nós volvería a fotografíar o que fotografiou anteriormente.
Este é un dos principais problemas de Galicia que nun tempo atrás non existía e por iso, hoxe para min Galicia non é tan bonita.

miércoles, 1 de octubre de 2014

Primeira entrada do curso

Espero que co paso do curso a miña perspectiva sobre Galicia tome outro enfoque, poder aprender sobre todo o que hai no lugar onde vivo e así ver de diversas formas Galicia.