Dezasete anos vendo unha realidade. Estou no proxecto de buscar outra.

sábado, 13 de diciembre de 2014

Dende Malpica para o mundo

Impresión 3D.
Estou segura de que poucos sabedes do que falo, de feito moitos non teredes nin idea de que vai o asunto, de que é iso da impresión 3D... como a cara que se lle queda aos vellos cando lles falan do tal skype que disque se pode ver a unha persoa que está na outra punta do mundo, pois igual. Imaxino a moitos de vos cunha cara similar.
Gustaríame darlle un pouco de luz ao asunto do deseño, en concreto da impresión 3D, unha nova e innovadora forma de crear obxectos a partir dun prototipo deseñado por un ordenador, algo que fai 20 anos sería impensable. Como exemplo vouvos ensinar a un tipo galego que está triunfando neste eido, no só en Galicia e España senón tamén en países como Israel e demáis. Pero antes de mostrarvos o triunfo polo mundo deste galego primeiro hai que facerse unha idea como funcionan as impresoras 3D, como son, como funcionan e que son capaces de facer, dende unha bisagra dunha porta, pasando por unha caixa ata facer unha mini Torre Eiffel con todos os detalles. Mirade como se pode facer algo así: 


Neste video móstrase unha impresora 3D de Ecuador pero non fai falta irse tan lonxe para atopar cousas similares no noso país. Hoxe en día Javier Loureiro é un dos empresarios emprendedores que que está chegando ao mellor do mellor gracias a súa empresa na que fabrica productos para as impresoras 3D. A súa empresa chámase Static Boards que conta cunha paxina web tamén versionada en inglés que ten unhas imaxes da impresora moi chulas. 
Javier reside en Malpica e alí é onde elabora todas as pezas da impresora que logo comercializa en distintos países do mundo.
Preguntarédesvos como un home de Malpica que aínda hoxe reside alí fixo que as súas pezas chegaran ata Israel. Pois é algo moi sinxelo de responder, non preciso se quera información porque creo, aínda que non teño a verdade absoluta, que todo é producto do enxeño, da ambición e sobre todo por apostar polo seu soño aínda sendo ben diferente ao da maioría da xente, pero non podemos xulgalo, cada un ten o seu e non por iso é mellor ou peor, máis imposible ou menos simplemente é seu. 
Javier apostou polo que el quería facer, e gracias ao seu esforzo e a súa muller hoxe está onde está, expandendo a súas pezas por todo o mundo, dende Malpica para Francia, Estados Unidos, Israel etc. 
Fai unha semana ou menos dedicouselle unha noticia en "La Voz de Galicia", nela contase todo o que fixo antes de este proxecto e paréceme digno de ler. 
Non entendo porque se lle dará tan pouca importancia a este ámbito da cultura, porque verdadeiramente é super importante, quen pensa que dentro duns anos pode ter unha impresora na súa casa que se lle rompe a tapa a unha fiambreira pode elaborar outra NA SÚA PROPIA CASA. Non vos parece moi útil? Porque como iso, moitas cousas máis. 
En fin, nesta ocasión non encontro mellor frase para rematar a entrada qué a que un día dixo o filósofo Kant: "Ten valor de servirte  da túa propia intelixencia".


lunes, 8 de diciembre de 2014

Actuar é como baixar os pantalóns. Expós a túa intimidade.

Nun principio pensei tratar un tema relacionado coa nova tecnoloxía, pero varios obstáculos impedironmo facer esta semana, polo que terei que esperar á próxima a ver se hai sorte. Outra idea que tiña en mente é a seguinte, a de falar do teatro como fixen la entrada do blog xeral pero esta vez dunha forma máis proxima a cada un de nós, dunha forma á que se quixeramos poderíamos achegarnos cada fin de semana, case, e senón, cada mes, o teatro. As obras teatrais en galego levan facéndose dende hay máis de 80 anos pero o importante é o de hoxe en día, e gustaríame que estiverades enterados que de que actualmente se buscades "compañías de teatro galegas" hai máis de 130000 resultados, e por algo será.
O teatro galego non só se pode atopar aquí senón que tamén se está extendendo a outros lugares do mundo e así pouco a pouco adquirindo prestixio, como a compañía Chévere á que lle outorgaron o premio nacional de teatro deste ano. É asombroso que un premio desta categoría fora recibido para alguén da nosa terra e non tiveramos constancia del. Aínda que este grupo merecería non unha entrada, senón varias, hoxe apetéceme falar do descoñecido e do que aínda non tivo tanto éxito, como é Talía Teatro , preguntarédesvos porque este grupo e non outro. Pois ben, porque cando tiña 14 anos vin unha das súas obras de teatro chamada Pelos na lingua e sinceramente non a entendín.
Esta obra consistía nunha sucesión de esceas da vida real na que unha nena falaba galego e os seus maiores intentabana apartar da súa lingua, entre outras. Como dixen, non a entendín, e tres anos despois percatome de que todas esas situacións eran totalmente reais e que o que pretendían eran chamar a nosa atención, dignificar a lingua e que ningún de nós tivera reparo en falala. Por iso hoxe estou falando dela, porque a diferenza desta con calquera compañía de Madrid ou Sevilla e que elas non pretenden dignificar o teatro e a lingua galega senón simplemente entreter.
Así que Talía Teatro leva 26 facendo marabillosas composicións teatrais das que cada galego debería sentirse orgulloso por portar un pedaciño de cultura.
Está composta por un gran gurpo de actores cunha gran traxectoria profesional digna de admirar e, que espero, que cedo se recoñeza o seu traballo.
Talía Teatro estivo ata onte en CULTURGAL unha feria de mostras na que se reúne o máis actual e moderno do noso país para promocionarse. Nela concentránse distintos ámbitos culturais e dentro deles o teatro está ocupando gran espacio.
Esta feria é a gran oportunidade para os emprendedores galegos de darse a coñecer ou expandirse, o problema ven cand ningún medio de comunicación a nivel nacional se preocupa por promocionar este tipo de eventos e así seguimos, nós, os adolescentes, sen enterarnos de nada ou ben pola pouca ansia ou ben pola pouca facildade que temos para coñecer este tipo de eventos. Digóo no sentido de que senon poñemos: Culturgal el google non o atopamos ou dificilmente o faremos.
Pola labor de compañías como Talía Teatro e por eventos como Culturgal debemos estar agradecidos e responder a estas accións da maneira que mellor sepamos, como participando en este tipo de eventos, dandoos a coñecer etc.
Aquí vos deixo un resumo desta útima edición de culturgal: FARO DE VIGO



miércoles, 26 de noviembre de 2014

Maio sempre foi un mes moi galego

Supoño que a maioría de vos coñecedes a existencia dos maios pero outros moitos non teñen nin idea, sobretodo os nenos máis pequenos qué, co paso do tempo van perdendo estas bonitas costumbres que  marcaron a infancia de moitos, a miña por exemplo.
No meu antigo colexio a principios de cada mes de maio celebrábamos, e seguen celebrando, a festa dos maios. En Valdoviño consiste en encher de flores e verde de tulla uns soportes con formas de arbóres. Isto soen facelo os reinos máis pequenos. Porque os maiores crean unhas alfombras xigantes de pétalos no patio do colexio. Todo o colexio queda precioso e é moi entretenido. Ademáis a profesora de música ensina unhas cancións referentes ao maio e que, eu dende que son pequena aprendín e aínda non as esquecín. Un trociño da canción era:

                                                     "Maio, maio, vístete de crego 
                                                      castañín para mín. 
                                                      Levántate maio que xa non é cedo
                                                      e marcha pra casa que xa metes medo."

A parte desta había outras e sabíamolas todas. Para nós estas festas sempre foron unha actividade de entretemento e para recibir a chegada da primavera. Noutros lugares fanse outro tipo de celebracións aínda que sempre sempre teeñen que ver coas flores. Pero nalgún momento do pasado, como o que estamos estudando, foi un ritual que vai máis alá do recibimento da primavera, facíase para conseguir boas colleitas, festexar o bó tempo ou incluso podían ser ritos de fecundidade porque coa primavera nacen as flores das árbores froiteiras e polo tanto iso tamén ten un sentido metafórico hacia a fecundiade. 
Encantaríame poder vivir un deses momentos no pasado, uns campos xigantes, un pobo reunido, mulleres e homes cunhas coroas de flores naturales grandes e preciosas e os nenos xogando entre prados florecidos. E nun momento dado reunirse todos, grandes e pequenos e invocar aos Deuses respectivos para conseguir os nosos desexos de primavera ata que chegue o verán. Os castrexos celebraban outras chegadas das estacións, como o inverno, o carnaval, o día de defuntos...
Maio paréceme un mes bonito, galego e cheo de cambios ambientais que alegran ao pobo porque chove menos e calquera galego agradece iso. 
Pode que sexa casualidade que eu e máis os castrexos celebraran a chegada deste mes...pero tamén pode que se leve nos xenes. De calquera forma, maio é un mes moi galego por excelencia.


 
 

sábado, 22 de noviembre de 2014

E se fora doutra maneira...?

A MOURA DO RÍO DOS GAFOS
O lugar máis profundo do río dos Gafos, coñecido por poza da Moura, ao pé das Brañas de Salcedo, onde o Mar da Presa, encoro do muíño de Cabanas, está relacionado á lenda dunha moura,  unha encantadora muller de loiros cabelos, auténtico ser mítico do noso país:
Contan os nosos vellos que hai moito, moito tempo, un labrego da parroquia, alindaba o seu gando nas Brañas, á beira do río dos Gafos. Coma nun soño, de súpeto xurdiu unha fermosa muller cuns cabelos dos que saía un resplandor de luz do Sol. A engaioladora dama adiantoulle que unha das súas vacas quedara preñada había pouco e que ía parir dúas fermosas crías, un becerro e mais unha pucha. A cambio dos bos presentimentos, a moura pedíulle ao gandeiro que lle chimpase a becerra na poza cando a vaca dera a luz.
Pasaron os meses, o animal pariu e, como xa dixera a moura, trouxo unha repoluda parella de becerros. Lembrou, daquela, o noso home, o trato pactado. Botou contas e reparou que, na feira, pagaríanlle mellor a becerra, polo que en lugar de botar na poza a femia, botou o macho. Nun pestanexo, as augas calmas argallaron un remuíño e do ollo da ola saíu unha grade de pau. Sentada nunha pena do río, apareceu a moura, recriminoulle ao labrego as súa falsedade, antes de desaparecer no río, díxolle que de cumprir co trato, teríao agasallado cunha grade de ouro.

E...agora ben. Que pasaría se esta fermosa muller en vez dunha moura, desas que os romanos denominaron "os outros" fora unha muller castrexa feita e dereita que non se andan con tonterías? Supoñamos que todo é exactamente igual pero en vez de aparecer unha moura e facer o trato con ela, é unha muller castrexa. Chegamos ata o punto en que a vaca do labrego ten dous fermosos becerros, un pucho e unha becerra. 
Pois ven, velaquí outro final alternativo para esta lenda: 
...Pasaron os meses, o animal pariu e, como xa dixera a castrexa, trouxo unha repoluda parella de becerros. Lembrou, daquela, o noso home, o trato pactado. Botou contas e reparou que, na feira, pagaríanlle mellor á becerra, polo que en lugar de botar na poza a femia, botou ao macho. De súpeto as augas comezaron a volverse turbias e facer unha especie de remuíño que sorprendeu moito ahora labrego. A muller castrexa apareceu na cúspide do remuíño e o home caeu ao chan do medo que tiña. A castrexa comezou a berrar "Non hai peor persoa qué a que traizoa a cociencia nin peor castigo morrer nas miñas mans". 
A muller comezou a tirarlle recipientes, que ela usaba para a recolección, e pedras para moer e facer o pan e empanadas. Todas estas cousas comezaron a petarlle na cabeza ao home ata que éste perdeu o coñecemento e morreu  cunha pila de pedras sobre el. 
Neste momento as augas do río calmáronse e a castrexa sumerxiuse de novo nas profundas augas. 
A  metafora desta lenda e que : NUNCA, PERO NUNCA, DEBEMOS TOCAR A MORAL NIN SUBESTIMAR A UNHA MULLER, E MENOS SE É CASTREXA. 



viernes, 14 de noviembre de 2014

Descubrimento que non pasa por alto

Indagando na miña casa, conseguín atopar unha gran noticia que me gustaría compartir con todos vós e que ademáis ten toda a información necesaria para o tema tratado. Deixóa aquí:



Científicos galegos dan coa verdade sobre os petroglifos.

 Despois de máis de dous anos
investigando sobre os petroglifos, uns mozos universitarios atoparon
pezas clave na nosa prehistoria para configurar o significado 
dos mesmos
Grazas ao descubrimento de novos elementos en distintas partes de Galicia e tamén de países como Irlanda, a cal foi gobernada por Breogan, hoxe en día pódese afirmar que estes petroglifos son elementos para a alucinaxe, forman parte dunha técnica que os habitantes da época utilizaban para comunicarse co máis alá. 
Estes gravados conseguían que calquera dos nosos antepasados entrara nun estado de hipnosis polo cal podía comunicarse cos seus deuses e entrar nun novo mundo en vida. Non me sorprendería que co difícil que pode resultar a situación, algún deles xa non volvera e quedara extasiado polo resultado da alucinaxe. 
Grazas ao excelente traballo dos mozos ,que tiveron en conta factores históricos, crenzas, moitas lendas etc que enlazaron cos elementos verdadeiramente científicos e finalmente poden dar unha resposta verdadeira, non o afirman no seu 100% pero si no 90%. 
O curioso do pasado non son os elementos en si, que tamén, senón a maneira de usalos. Ninguén se imaxinaría que un gravado na rocha podería causar un efecto similar ao dalgunhas drogas a través da hipnosis dunha pitonisa actual ou dunha antiga "bruxa" da Idade Media, que coa relaxación e a concentración nos petroglifos poideras chegar a "outro mundo", como constatan textos atopados do primeiro historiador do mundo, Heródoto, os cales foron unha peza clave na investigación. 
En conclusión, isto supuxo un gran avance para a prehistoria galega xa que pola calidade do solo e o paso do tempo, non temos moitos máis indicadores sobre o noso pasado. 
      

sábado, 1 de noviembre de 2014

O Chernobyl Galego

As Pontes de García Rodríguez
23 de abril, 2064.
Xa quedamos poucos. A maioría acabaron fuxindo, joder, non me extraña. Os que non temos a donde ir somos os que quedamos aquí. Fai seis meses eramos uns 150 non evacuados, pero algúns non puideron resistir máis e fóronse. Quizáis esa sea a mellor opción, pero a donde debemos dirixirnos?
Queren botarnos de aquí hacia ningún lado, somos unha especie de apestados radiactivos sen lugar a donde ir e só nos queda morrer aquí, porque non queda nada. As organizacións que suministraban comida e algo para o cobixo cada vez veñen máis de vez en cando e din que xa é demasiado tarde para calquera de nós, que levamos demasiado tempo aquí como para poder volver a sentir o que é respirar de verdade.
Non hai ninguén nun radio de 50 km e despois deses kilometros só están os que fuxiron en busca de esperanza, pero non creo que a atoparan, polo menos as noticias que chegan aquí non son de alento.
A min cada día doeme máis todo, a parte das queimaduras que me causou a explosión, sinto como me atrofio pouco a pouco, como parace que estou nunha cabina chea de raios que me penetran.
Cada hora que pasa vexo a realidad máis clara, non hai árbores, non hai verde, nin se quera hai a choiva que tanto nos identificaba, agora é aceda e cada vez que chove destrúese un pouquiño máis, se cabe, todo o que nos rodea. Calquera signo de vida é destruído por esta merda de choiva ou polo simple feito de que esta terra xa está feita para morrer e tardará miles de anos en poder recompoñerse, ser fértil e volver a vestirse de verde.
Se houberamos pensado dúas veces o que podía pasar, se pensaramos un pouco máis na vida e non no carto, se non viviramos por e para a economía e tiraramos un pouquiño máis do noso... quizais nada disto houbera pasado, quizáis agora ainda existira o pobo anegado polo "lago artificial máis grande de Europa", pero tarde píamos, como dicía miña avoa.
Non hai solución, xa non, non para nós nin para a nosa terra.

sábado, 25 de octubre de 2014

Pingas con denominación de orixe

Cantos días ao ano chove en Galicia? Cantas formas hai de designar á choiva?
Pregunta que obviamos pero que despois de ser plantexada xera curiosidade no noso interior e relacionamola coa paisaxe.
Para estas preguntas, hoxe traio resposta pero antes de dala gustaríame facervos pensar un pouco ou polo menos que vexades e escoitedes o que outras persoas responderon as miñas preguntas.


Case todas as persoas acertaron cantos días chove ao ano en Galicia, entre 200 e 260, pero ningunha delas soubo dicir cantas palabras existen para designar á choiva.

Como se o galego non fora un idioma o suficientemente rico como para ter ata SETENTA formas para chamar á choiva. Nigún de nós o podería imaxinar, mais si saber que aquí chove moito, case todo o ano.

Sería sinxelo relacionar a cantidade de auga que cae no noso territorio coa cantidade de palabras que poden existir, pero quen vai a pensar que poden exisitir tantas palabras para chamar á choiva.
O resultado de toda a  borraxeira, arroiada, parruma, treboada, cebrisca... en parte, somos nós e a nosa paisaxe. A saraiba do inverno e a brétema das mañás do outono, pingas con denominación de orixe que cobren as rochas máis antigas de Europa e do mundo, o lugar a onde van de mortos os que non foron de vivos, o canón do río Sil e todas as demais belezas, pero tamén desfeitas do noso país.

70 designacións para a choiva nunca serán suficientes para nomear con unha cada día do ano, porque non se pode e porque non se quere, porque son as que nos identifican, as que hai e coas que Galicia sempre vai ir da man se nos esforzamos na labor. E como toda cousa boa...isto remátase, porque o breve e bó, dúas veces bó.
Un saúdo



miércoles, 15 de octubre de 2014

Galicia viste de luto

Algunha vez parastesvos a pensar como sería unha Galicia totalemente arrasada e devastada polos incendios forestais? Certo é que moitos deles son producto da natureza pero hai outros tantos provocados, intencionados e sen castigo. Poderíamos comezar a pensar que isto ten algún fin lucrativo. E… Quén é a xente que pode sacar beneficio de todos estes incendios? Pois ben, son todos eses pirómanos pagados polos grandes poderes económicos. E por qué?

Esa pregunta resulta difícil de responder. Pero estou segura de que hai quen o fai. Por exemplo; todas esas persoas que conseguen a madeira queimada a baixo coste, ou incluso gratis, para as súas celulosas, a degradación intencionada dos poderosos para acabar coa propiedade común e outras moitas razóns .
Aínda que nos últimos anos a cantidade de incendios forestais diminuíu, non resulta reconfortante. No 2013 producíronse case tres mil incendios en todo o ano, pareceme asombroso pero no tanto como o que nos indican as estadísticas de abaixo:


É totalmente sorprendente a cantidade de incendios que podemos atopar entre os anos 1996 e 2007, pero tras este ano a cantidade de incendios decrece e non pola disminución do seu número,senón polo constante crecemento dos equipos de extinción de incendios forestais autonómicos tralo traspaso de competencias dos anos 80 e o incremento da súa eficacia.
A día de hoxe aínda hay persoas que buscan o lucro condeandose a sí mesmos. Un día lin unha cita que falaba da deforestación pero que sinto moi axeitada tamén para este caso, é así: "Imaxínate que as árbores deran wifi,todo o mundo plantaría árbores como locos e acabaríamos coa deforestación, é unha lástima que só produzan o oxíxeno que respiramos".
A verdade e que ata que me interesei por este tema non sabía a cantidade de incendios que se producen e produciron en Galicia no pasado. Gústame plantexar preguntas e nesta entrada non vai a ser distinto. Ante quen e qué nos estamos a enfrontar cos incendios? Ante unha panda de pirómanos que o fan por gusto ou "afición", se e que a isto se lle pode chamar afición. Ou a un conxnto de persoas descoñecidas que de verdad poden quitar algún proveito con isto. Xulgade vós mesmos despois de ler todo.
Sei como é a Galicia verde que coñezo, as árbores, a biodiversidade e os montes. Non sei nin quero saber como é unha Galicia de luto, de luto pola cinza, pola destrucción das árbores e dos montes. E ti?


Aquí aporto unha canción do grupo Os Resentidos que está relacionada co tema que estamos a tratar e que se un grupo de música galega, de crítica e reivindicación fai ainda que sexa unha pequena nomeación aos incendios é que algo está a pasar.


viernes, 10 de octubre de 2014

POR FIN VENRES



Xa chega a fin de semana que todos ansiamos e por iso quero compartir con vós unha canción que sempre escoito nas orquestras das festas do verán, que boto moitísimo de menos e ponme moi contenta, non só polo ritmo tamén pola letra. A miña parte favorita é: "Aquí está o meu lar, onde se acaba o mar" creo que pode representar unha parte de min.


Boa fin de semana e a disfrutala!

sábado, 4 de octubre de 2014

A beleza superficial vs a "beleza" real.

Como sobre o tema de "Galicia é bonita" vou ter que tratar variantes hoxe comezarei por algo que realmente revolveume o estómago cando o vin e sentín moita impotencia. A minería en Galicia, concretamente a mina de Corcoesto. Falo desta porque é a que tivo un bombo máis grande nos últimos tempos e porque ata entón eu non tivera coñecemento sobre nada parecido e agora mesmo estou sergura de que foi pola manipulación da prensa.
A mina de Corcoesto está situada na Comarca de Cabana de Bergantiños onde antigamente houbo outra mina áurica practicamente esgotada. Unha compañía canadiense quere reabrir esa mina e através de productos altamente tóxicos e recuperar a seu posible e escaso ouro. Todo isto provocou un descontento en grandes colectivos, poboación e asociacións que protestaron durante meses contra este proxecto e que finalmente foi suspendido. Pero queridos lectores, non vaian a pensar que foi pola razón lóxica que todos pensamos, non, non foi porque causaría danos irreparables no noso país, foi por outras razóns que a Xunta nunca aclarou por completo xa que houbo moitas e diferentes explicacións.
Despois de que me plantexaran o de "Galicia é bonita" a miña cabeza viu isto subitamente e xustamente por iso pareceume que este debería ser o primeiro tema a tratar no meu bolg.
Galicia é bonita con canteiras minerias implantandose por todo o territorio? Con ríos contaminados pola minería? Con fortes cambios nos estratos do solo? Coa pérdida de especies por culpa das canteiras? Se a resposta a todas estás preguntas era que NON, ao mellor temos que volver a a facer o primeiro traballo que Manolo nos mandou (Tres fotos do que significa Galicia para ti) estou segura de que ningún de nós volvería a fotografíar o que fotografiou anteriormente.
Este é un dos principais problemas de Galicia que nun tempo atrás non existía e por iso, hoxe para min Galicia non é tan bonita.

miércoles, 1 de octubre de 2014

Primeira entrada do curso

Espero que co paso do curso a miña perspectiva sobre Galicia tome outro enfoque, poder aprender sobre todo o que hai no lugar onde vivo e así ver de diversas formas Galicia.