Dezasete anos vendo unha realidade. Estou no proxecto de buscar outra.

domingo, 25 de enero de 2015

Instrumento de labranza de folla curva, grosa e forte co mango máis longo ca o da fouciña

Coñecedesme. Sabedes qué son, o que represento e o que fun fai anos. 
Non, probablemente non estea nas vosas casas pero sí nas dos vosos avós ou bisavós. Nun tempo fun moi importante, agora moitos levan un amuleto da sorte consigo que nunca poden deixar na casa, pois cara o 1922 ningún labrego podía saír sen min da súa casa. 
Recordo aqueles tempos en Sobredo nos que fun un arma, cando seguei brazos e pernas e fendinlle a cabeza a señoritos feudais, o meu dono collíame con rabia, con ganas de loitar e abofé que loitamos. 
Unhas mans fortes e rudas suxeitábanme, alzáronme no aire e escoitei como alguén pronunciaba as verbas de Basilio Álvarez. Él nomeabame, non teño un recordo nítido pero lembro que dícía: 
"Os nosos campesiños apercibíronse de que a fouce tanto tronza a herba como serve pra espantar o capataz e que á dinamita cústalle máis esnaquizar a pedra viva que os edificios carcomidos" 
Que orgullosa me sentín nese momento, sabía que valía pra loitar aínda que os señoritos nunca creran en min, eles enfrentábanse ao meu dono coas armas de fogo máis modernas do momento e eu alí estaba, empuñada por un home que levaba toda a vida traballando comigo e con máis azadas, intentado pagarlle as rendas aos señores das terras, con cinco fillos que criar e sen saber que ía a ser do seu futuro. A ocasión merecíase descargar toda esa rabia e facer dela anacos cos nobles que nos reprimían. 
Nunha mañá fría de novembro tivo lugar o enzarzamento, soaban as campás coma se estiveran loucas e sen ningún control, de feito pregunteilles que era o que sucedía e nin contestaron, convertéronse nunhas maleducadas ou quizáis tamén estaban fartas das miñas estúpidas preguntas, sempre me contaban quen morría pero aquel, non debía de ser o seu día. Erguéronme, saín ao frío, iba empuñada, moita velocidade, demasiada velocidade, caín, colléronme e de súpeto estaba con moitas coma min, todas iguais, asustadas coma os nosos donos pero con ganas de acabar con todo aquilo do que estábamos fartos. A rabia das persoas eran tan grande que ata chegaba aos obxectos coma nós, digno de admirar. 
Dende o alto vin coma un exército da garda cívil achegábase, estremécinme pero fun a por todos eles. 
Un paso, dous, tres, a cada paso a rabia aumentaba como tamén o medo. 
Coma quen non o espera, disparos, disparos indiscriminados por todos lados. Seguín adiante, caeron ao meu lado varios, pero eu seguín e enfronteime como puiden a aquela que se ría, chamábana escopeta, nunca vira unha igual, era rara, tiña a boca aberta e mireira desafiante durante unha milésima de segundo logo o seu dono golpeou ao meu con ela na cabeza, fendeulla e o meu amado dono labrego e eu comezamos a dar pasos torpes, pasos de baile desorientados que acabaron por tumbarnos no chan, ata que non sei moi ben como, da boca da puta escopeta saiu unha boliña negra, puiden ver como saía a cámara lenta de alí, como voaba hacia a dirección que o señor marcara, como directamente se introduciu na cabeza do meu amo. 
Chorei, chorei ríos de sangue, as mans rudas que sempre me suxeitaran perderon toda a forza e quedei deitada no chan, coma el. Quedei alí, toda a tarde, toda a noite chorando, a el levárono e deixei de chorar. Xa non tiña nada, estaba soa pero non podía permitir que iso me vencera, comecei a pensar en todos os homenaxes que me fixeran. 
Como o símbolo da bandeira comunista ou cando Cabanillas escribiu un poema no que me nomeou e fun símbolo de loita novamente, reciteino.


É noite e a lúa
seus raios desfía.

¿Qué é aquelo que-en medio
da eira rebrila?

¿Qué é aquelo que loce
como unha estreliña
e fái que o labrego
tembrando se espila?

¡Das xentes do embargo
librada á rapiña,
no chan, unha fouce
quedóu esquecida!

O probe paisano,
erguéndose axiña,
a fouce recolle
como unha reliquia;
e o mesmo que fora
aquela filliña
que Dios lle levara,
xa a arrolla xa a bica,
rosmando antre dentes:

¡Ou fouce bendita,
xa séi o que queres!
¡Que faga xusticia!

Non sei canto tempo estiven lembrando, iso non o recordo, que irónico.



Despois de xa estar cansa de tanto pensar sentín como unhas mans suaves e pequenas agarrabanme, levantabanme e escoitei: Mira mamá voume quedar isto para facer como os veciños, vou loitar para facer xustiza. 


domingo, 18 de enero de 2015

O único que nos pertence

Despois de moito cavilar e darlle voltas a diferentes ideas, quédome como empecei, sen nada. Non é que non haxa dirversas maneiras de expresar a cultura galega é que non encontro a que me define plenamente. O teatro, o cine, a música, a pintura, a escultura e incluso a aquitectura poderían formar parte de min, formar parte de cada un de nós.
Penso que chegada a esta última entrada de Galcia Culta poido, e gustaríame, sacar unha conclusión.
Ademáis de todas estas formas ás que pode adaptarse a cultura galega, penso que cultura tamén somos nós, quero dicir, se o pensamos ben o que un fai reflexa quen é un e por iso cada proxecto que sae de nós somos nós adquirindo novas formas. Non me comparedes estas dúas frases coa metafísica de Aristóteles ou a teoría das ideas de Platón, pero quero con poucas palabras facervos pensar un pouco.
Cada unha das entradas que fixen trataron sobre temas diferentes pero ao fin e ao cabo non son só temas senón tamén persoas que é a donde quero chegar eu, ás persoas, e como eu o resto de actores, actrices, pintores, escultores, directores, arquitectos e músicos do mundo, porque o importante ven a ser iso, crear un sentimento a alguén.
Xa, xa, xa..agora me diredes que non, que a moitos o que lles importa son os cartos que levan no peto, como diría miña avóa, pero a todos os que pensades iso a verdade e que tamén vos está causando un sentimento de rabia polo tanto están chegando ao voso interior sin intención si quera.
Pois ben o único que pretendía con estas poucas letrras e palabras era dicir que cultura e igual a sentimentos e que sen eles, por moita cultura que se cultive pouco froito se vai quitar dela, así que se algunha vez pensades ou botades de menos algo da vosa cultura, acordadevos de vós mesmos, ao fin e ao cabo é o único que nos pertence.

Chanfaina de filmes


Disfrutade o video e espero que vos guste :)