Dezasete anos vendo unha realidade. Estou no proxecto de buscar outra.

sábado, 25 de octubre de 2014

Pingas con denominación de orixe

Cantos días ao ano chove en Galicia? Cantas formas hai de designar á choiva?
Pregunta que obviamos pero que despois de ser plantexada xera curiosidade no noso interior e relacionamola coa paisaxe.
Para estas preguntas, hoxe traio resposta pero antes de dala gustaríame facervos pensar un pouco ou polo menos que vexades e escoitedes o que outras persoas responderon as miñas preguntas.


Case todas as persoas acertaron cantos días chove ao ano en Galicia, entre 200 e 260, pero ningunha delas soubo dicir cantas palabras existen para designar á choiva.

Como se o galego non fora un idioma o suficientemente rico como para ter ata SETENTA formas para chamar á choiva. Nigún de nós o podería imaxinar, mais si saber que aquí chove moito, case todo o ano.

Sería sinxelo relacionar a cantidade de auga que cae no noso territorio coa cantidade de palabras que poden existir, pero quen vai a pensar que poden exisitir tantas palabras para chamar á choiva.
O resultado de toda a  borraxeira, arroiada, parruma, treboada, cebrisca... en parte, somos nós e a nosa paisaxe. A saraiba do inverno e a brétema das mañás do outono, pingas con denominación de orixe que cobren as rochas máis antigas de Europa e do mundo, o lugar a onde van de mortos os que non foron de vivos, o canón do río Sil e todas as demais belezas, pero tamén desfeitas do noso país.

70 designacións para a choiva nunca serán suficientes para nomear con unha cada día do ano, porque non se pode e porque non se quere, porque son as que nos identifican, as que hai e coas que Galicia sempre vai ir da man se nos esforzamos na labor. E como toda cousa boa...isto remátase, porque o breve e bó, dúas veces bó.
Un saúdo



2 comentarios:

  1. Respuestas
    1. Moitas grazas Manolo, tiven algúns problemas para editar o vídeo pero fíxeno todo o ben que puiden

      Eliminar