Nun principio pensei tratar un tema relacionado coa nova tecnoloxía, pero varios obstáculos impedironmo facer esta semana, polo que terei que esperar á próxima a ver se hai sorte. Outra idea que tiña en mente é a seguinte, a de falar do teatro como fixen la entrada do blog xeral pero esta vez dunha forma máis proxima a cada un de nós, dunha forma á que se quixeramos poderíamos achegarnos cada fin de semana, case, e senón, cada mes, o teatro. As obras teatrais en galego levan facéndose dende hay máis de 80 anos pero o importante é o de hoxe en día, e gustaríame que estiverades enterados que de que actualmente se buscades "compañías de teatro galegas" hai máis de 130000 resultados, e por algo será.
O teatro galego non só se pode atopar aquí senón que tamén se está extendendo a outros lugares do mundo e así pouco a pouco adquirindo prestixio, como a compañía Chévere á que lle outorgaron o premio nacional de teatro deste ano. É asombroso que un premio desta categoría fora recibido para alguén da nosa terra e non tiveramos constancia del. Aínda que este grupo merecería non unha entrada, senón varias, hoxe apetéceme falar do descoñecido e do que aínda non tivo tanto éxito, como é Talía Teatro , preguntarédesvos porque este grupo e non outro. Pois ben, porque cando tiña 14 anos vin unha das súas obras de teatro chamada Pelos na lingua e sinceramente non a entendín.
Esta obra consistía nunha sucesión de esceas da vida real na que unha nena falaba galego e os seus maiores intentabana apartar da súa lingua, entre outras. Como dixen, non a entendín, e tres anos despois percatome de que todas esas situacións eran totalmente reais e que o que pretendían eran chamar a nosa atención, dignificar a lingua e que ningún de nós tivera reparo en falala. Por iso hoxe estou falando dela, porque a diferenza desta con calquera compañía de Madrid ou Sevilla e que elas non pretenden dignificar o teatro e a lingua galega senón simplemente entreter.
Así que Talía Teatro leva 26 facendo marabillosas composicións teatrais das que cada galego debería sentirse orgulloso por portar un pedaciño de cultura.
Está composta por un gran gurpo de actores cunha gran traxectoria profesional digna de admirar e, que espero, que cedo se recoñeza o seu traballo.
Talía Teatro estivo ata onte en CULTURGAL unha feria de mostras na que se reúne o máis actual e moderno do noso país para promocionarse. Nela concentránse distintos ámbitos culturais e dentro deles o teatro está ocupando gran espacio.
Esta feria é a gran oportunidade para os emprendedores galegos de darse a coñecer ou expandirse, o problema ven cand ningún medio de comunicación a nivel nacional se preocupa por promocionar este tipo de eventos e así seguimos, nós, os adolescentes, sen enterarnos de nada ou ben pola pouca ansia ou ben pola pouca facildade que temos para coñecer este tipo de eventos. Digóo no sentido de que senon poñemos: Culturgal el google non o atopamos ou dificilmente o faremos.
Pola labor de compañías como Talía Teatro e por eventos como Culturgal debemos estar agradecidos e responder a estas accións da maneira que mellor sepamos, como participando en este tipo de eventos, dandoos a coñecer etc.
Aquí vos deixo un resumo desta útima edición de culturgal: FARO DE VIGO
No hay comentarios:
Publicar un comentario