Dezasete anos vendo unha realidade. Estou no proxecto de buscar outra.

martes, 19 de mayo de 2015

A memoria do pasado

O ciclo da vida, nacer, vivir e morrer, e mentres vivimos pensamos, agrupamos e recordamos.
Pero que pasaría se a "memoria a longo prazo desaparecera".
Non é complicado e menos co ritmo que levamos, as enfermidades dos nosos maiores son,cada vez máis, de tipo crónico e o que son vellos, en Galicia non faltan.
Así que se lle botamos un pouco de imaxinación e a vista a diante poderíase dicir que se a poboación segue avellentándose, enfermidades como o alzheimer será o único que se manteña vivo nas nosas mentes.

E se vas pola rúa e non sabes onde estás?
E se ves aos teus netos e non os coñeces?
E se queres pensar, e non sabes?
E se che din que tes oitenta anos e non o sabes?
E, sobre todo, se todo o mundo está coma ti?

Que sería a verdade e que non? Que poderíamos facer nós para evitalo, se en verdade o único que temos son vellos sen memoria e historias revoltas nas mentes dun e doutros.

Isto sería algo similar a estar cantando unha canción e ir esquecendo partes da letra ata chegar a esquecer ata o ritmo. Aínda así, sempre din que o último que se esquece son os recordos máis antigos, por iso todos seríamos como nenos enrrugados, cheos de felicidade e tristeza no noso interior, sen saber dela.
Quizais ese sería o momento no que chegaríamos ao país de nunca xamais, porque viviríamos e morreríamos como almas cheas e vacías ao mesmo tempo.

Nin  se quera os máis fortes se poderían escapar diso, e cos máis fortes refírome a empresas que nos absorven a vida. Así, nese momento sería no único no que estaríamos todos nas mesmas condicións.
Se non hai memoria viva, non hai débedas, non hai privilexios nin castigos.
Non hai clases medias, nin baixas, nin altas, nin gordas nin flacas porque ninguén sabería o que iso significa.
E diredes vós, e os nenos?
Os nenos tampouco non poderían entender nada polo simple feito de que o alzheimer adáptase ao noso corpo como o fixeron outros aspectos físicos, como a desaparición da cola.
Con isto quero dicir que o alzheimer non afectaría unicamente a señores de 80 anos senón que cada vez empezaría a unha idade máis temperá, así os pais deses nenos tampouco recordarían nada e polo tanto serían nenos horfos de coñecementos, de verdade, de vida.

Isto, a vez que imaxinativo e posible se nós, os novos, non lle poñemos remedio. As taxas de natalidade deben aumentar para que isto non suceda e así liberarnos de todo esquecemento.

No hay comentarios:

Publicar un comentario