A MOURA DO RÍO DOS GAFOS
O lugar máis profundo do río dos Gafos, coñecido por poza da Moura, ao pé das Brañas de Salcedo, onde o Mar da Presa, encoro do muíño de Cabanas, está relacionado á lenda dunha moura, unha encantadora muller de loiros cabelos, auténtico ser mítico do noso país:Contan os nosos vellos que hai moito, moito tempo, un labrego da parroquia, alindaba o seu gando nas Brañas, á beira do río dos Gafos. Coma nun soño, de súpeto xurdiu unha fermosa muller cuns cabelos dos que saía un resplandor de luz do Sol. A engaioladora dama adiantoulle que unha das súas vacas quedara preñada había pouco e que ía parir dúas fermosas crías, un becerro e mais unha pucha. A cambio dos bos presentimentos, a moura pedíulle ao gandeiro que lle chimpase a becerra na poza cando a vaca dera a luz.
Pasaron os meses, o animal pariu e, como xa dixera a moura, trouxo unha repoluda parella de becerros. Lembrou, daquela, o noso home, o trato pactado. Botou contas e reparou que, na feira, pagaríanlle mellor a becerra, polo que en lugar de botar na poza a femia, botou o macho. Nun pestanexo, as augas calmas argallaron un remuíño e do ollo da ola saíu unha grade de pau. Sentada nunha pena do río, apareceu a moura, recriminoulle ao labrego as súa falsedade, antes de desaparecer no río, díxolle que de cumprir co trato, teríao agasallado cunha grade de ouro.
E...agora ben. Que pasaría se esta fermosa muller en vez dunha moura, desas que os romanos denominaron "os outros" fora unha muller castrexa feita e dereita que non se andan con tonterías? Supoñamos que todo é exactamente igual pero en vez de aparecer unha moura e facer o trato con ela, é unha muller castrexa. Chegamos ata o punto en que a vaca do labrego ten dous fermosos becerros, un pucho e unha becerra.
Pois ven, velaquí outro final alternativo para esta lenda:
...Pasaron os meses, o animal pariu e, como xa dixera a castrexa, trouxo unha repoluda parella de becerros. Lembrou, daquela, o noso home, o trato pactado. Botou contas e reparou que, na feira, pagaríanlle mellor á becerra, polo que en lugar de botar na poza a femia, botou ao macho. De súpeto as augas comezaron a volverse turbias e facer unha especie de remuíño que sorprendeu moito ahora labrego. A muller castrexa apareceu na cúspide do remuíño e o home caeu ao chan do medo que tiña. A castrexa comezou a berrar "Non hai peor persoa qué a que traizoa a cociencia nin peor castigo morrer nas miñas mans".
A muller comezou a tirarlle recipientes, que ela usaba para a recolección, e pedras para moer e facer o pan e empanadas. Todas estas cousas comezaron a petarlle na cabeza ao home ata que éste perdeu o coñecemento e morreu cunha pila de pedras sobre el.
Neste momento as augas do río calmáronse e a castrexa sumerxiuse de novo nas profundas augas.
A metafora desta lenda e que : NUNCA, PERO NUNCA, DEBEMOS TOCAR A MORAL NIN SUBESTIMAR A UNHA MULLER, E MENOS SE É CASTREXA.
No hay comentarios:
Publicar un comentario