Dezasete anos vendo unha realidade. Estou no proxecto de buscar outra.

domingo, 12 de abril de 2015

Familia de terras

Se hai algún tópico de Galicia coñecido por todos é que aquí so hai vacas e monte.
Quen crea iso recomendolle que vaia ler uns poucos libros e despois de darse unha voltiña por aquí, que veña e o repita.
Obviamente non é para nada certo pero non podemos negar que no primeiro terzo do século XX máis do 70% da poboación galega vivía do campo. Meus avós non foron menos e por iso, os catro, tanto os da parte da miña nai coma os do meu pai traballaron parte da súa vida labrando terras.
Un dos meus avós tivo a oportunidade de deixar a terra para poñerse a traballar de barrendeiro polas rúas e máis tarde tivo que marchar como moitos miles de galegos a Alemaña.

Meu avó chamábase Gumersindo Hermida Rodríguez, naceu o 19 de marzo de 1927, en plena ditadura de Primo de Rivera, viveu a Guerra Cívil, a ditadura franquista, a época de transición e a democracia. Pódese dicir que era mellor cun libro de historia actual e que, por suposto, tiña moitísimas máis anecdotas e historias interesantes na súa mente.
Casou coa miña avóa o 17 de agosto de 1954 e tiveron 5 fillos, entre eles, miña nai.
El traballou de barrendeiro, como xa dixen, e emigrou a Alemaña no 1965 para conseguir cartos para a familia.
Alí traballou de encofrador, a súa labor era preparar a fundición dos pilares dunha casa ou edificio para construíla.
Viveu en Selva Negra onde traballou na construcción dun hospital e tivo que vivir nuns barracóns construídos especificamente para os traballadores.

(Clínica de Selva Negra no 1985)

É unha zona de montaña onde as condicións son moi dificiles actualmente así que non me imaxino como serían naquel tempo. Por sorte, volveu no ano 1967 e despois diso xa non volveu a marchar.
Isto é todo o que puiden recuperar desdes anos en Alemaña porque non quedan fotos nin cartas e só puiden sacar información da memoria da miña avoa, outro gran libro de historia.

No hay comentarios:

Publicar un comentario