Dezasete anos vendo unha realidade. Estou no proxecto de buscar outra.

domingo, 12 de abril de 2015

ORCNAC

Nun acto de desesperación e porque xa non sei de que máis falar sobre este tema teño que tomarme ao pé da letra este dito: Ante situacións desesperadas, medidas desesperadas.

Vou falar do cancro, que aínda que non lle veades moito sentido neste tema, pois forma parte do meu ADN. Sería maravilloso que non fora así pero por desgraza éo e hai que aprender a convivir con iso.

O cancro é unha das palabras que, actualmente, está na boca dos medios de comunicación de masas case tanto como "CRISE" e...por algo será. Dende un tempo para aquí está enfermidade é sufrida por miles de persoas e cada vez máis, o número aumenta e para moitas persoas, as posibilidades diminúen.
Na miña familia, dúas persoas o sufriron e ao fin e ao cabo, sófreno porque como din elas: o cancro non se cura nunca, convértese en algo crónico.
Posiblemente non o entendades e digades que todo mentira, que sí que se cura e volves a estar sano, pero isto non é así e elas sabeno ben.
Falo deste tema porque Manolo pediu que tratáramos a nosa historia, a da nosa familia e isto forma parte dela. Pero non só da miña, senón de moitísimas máis.
Actualmente a organización máis importante nos temas oncolóxicos en Galicia é o Centro Oncolóxico de Galicia  que se creou no 1987. Eu pregúntome: e antes dese momento que facían os afectados?  É certo que en España a Asociación Española Contra el Cáncer creouse no 1953 pero non tiña os mismo propósitos que actualmente que son axudar, protexer e intentar mellorar os medios para loitar contra esta enfermidade. Antes bastaba con poder detectar e intentar operar as persoas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario