Dezasete anos vendo unha realidade. Estou no proxecto de buscar outra.

sábado, 11 de abril de 2015

O peso do pasado

Cando nacemos sempre recibimos montóns de visitas, aínda que nós non nos enteramos de nada e só cumprimos tres funcións: comer, facer as nosas necesidades e durmir.
Non entendo porque as señoras con moño que nos ven pola rúa cando somos bebés de menos de dous meses paranse coas nosas nais e pais e din: Parecese moito ao seu pai...ou a súa nai. En realidade ao único que nos parecemos con poucas semanas de vida é a un verme, e isto é así. 
Recordo que meu avó sempre o dicía e con toda a razón do mundo, de feito eu hoxe en día non me parezco fisicamente nin a meu pai nin a miña nai. A saber de onde saín según este tipo de señoras.

Máis adiante, cando xa medras un pouco, camiñas, falas e les hai as míticas avoas que che din: Eres coma  túa nai. E ti, con oito anos que tes, quedaste pensativa: a saber a que se referiría con iso se eu só estaba chorando porque non me deixaban subir a árbore e ata que subín e caín no parei. 
Co paso dos anos comezas a decatarte de que sí, de que eres coma túa nai, coma teu pai, coma a túa prima e como o avó. Que o teu interior, a túa personalidade e a túa mente están formadas de cachiños de todas esas persoas que forman o teu ADN, e que a súa vez ti podes formar o ADN dos teus irmáns ou primos e que ao final o: eres como teu pai é unha verdade como unha catedral. 

Por iso, hoxe me pregunto:
¿Por qué son tan testaruda?
¿De onde ven o meu nome?
¿Que pensamentos me levaron a construír as miñas ideoloxías?
¿Por qué agora ofrezo yogures, froito ou flan aos meus invitados?
¿Por qué sei rezar o rosario se eu non creo en Dios?

Se me poño a cavilar un pouco teño resposta para case todo, de feito creo que se todos nos poñemos a pensar por qué motivos somos como somos encontraremos resposta.
Din que, de tal pau tal astela, e iso é o que pasou, que miña nai foi, é e seguirá sendo a persoa máis testaruda despois de min. Eu non teño nada que ver con que me pasara o mal xenio e a cabezonería, todo foi culpa do ADN.
O que non foi culpa do ADN foi o meu nome, Elisa. Podería ser Marta, Carmen, Laura ou calquer outro nome que os meus pais tiñan pensados, pero foi Elisa porque miña bisavóa chamábase así e cando meu pai me veu cos ollos abertos dixo que eran idéticos aos da súa avóa a que ese tiña que ser o meu nome, e así quedou, un ollos que me deron nome e que estou moi orgullosa de levar. 
O dos meus pensamentos xa é outro tema ven distinto, cando era pequena eu sempre estaba co meu padriño, era entón cando viamos documentais xuntos de todo tipo: cociña, mecánica, de animais, de vexetais...pero a min os que máis me gustaban eran os de historia e supoño que ver tantos puntos de vista diferentes fan que ao final poidas quitar unha conclusión propia que se converte no teu pensamento.
As última preguntas que me fixen a min mesma son máis banais pero super importantes para min, Todo ten que ver coa miña querida e adorada avoa. Como calquera outra non podemos acabar de comer sen un postre e os postres na súa casa eran sempre os mesmos porque ela dí que "fame xa a pasei nos meus tempos", así que eu collín a costume de ofrecer a canto invitado teña esas tres cousas. Iso tamén é o meu ADN.

Podería extenderme moito máis, facerme miles de preguntas que forman o que son eu hoxe en día pero creo que esta frase o resume todo: SOMOS O QUE SOMOS POLO PESO DO PASADO. 



No hay comentarios:

Publicar un comentario