Dezasete anos vendo unha realidade. Estou no proxecto de buscar outra.

lunes, 27 de abril de 2015

Cambio de papeis

Hoxe na clase de "historia da nova era" a profesora explicou a través de videos e os seus propios coñecementos un feito moi importante que quixo cambiar o rumbo do mundo. Deste feito tiñamos que facer un resumo, e eu fixen este: 

No ano 2165 o mundo xa non era como 50 anos antes, no 2015. De feito o panorama mundial virouse como o fai unha tortilla española na sartén. Neste ano, houbo un Martín Luther King de raza blanca e, moi importante, galego que foi o defensor dos dereitos do home xa que Europa e América do norte estaba sometida ás decisións das empresas multinacionais de África, Asia e Sudamérica. Este home foi Xacobe Ferreiro nado en Pontevedra e gran amante da historia. Fixo público o seu discurso en defensa dos dereitos humanos o 17 de maio do 2065 na cidade onde naceu e morreu oito meses despois, tras ser buscado polos as máximas autoridades por toda Galicia durante ese tempo. Algúns extractos que se conservan do texto son os senguintes: 

"Estou contento por reunirme hoxe con vos, día que pasará a historia como unha das maiores demostracións de liberdade da historia da nosa nación [...] Teño un soño, o meu soño e que todos volvamos a ser iguais en dereitos e liberdades. Non creo que sexa diferente a un negro, a un mulato ou a un asíatico, e que só polo feito de ter a pel clara convírtame en exclavo de nacemento. Que só por ter a pel clara meus fillos non poidan ir a escola, non poidan xogar con nenos negros e a súa única obriga sexa ir traballar as fábricas de grandes empresas orientais por un salario que non chega nin para comer durante oito días seguidos. 
Agora é o tempo de cambiar a situación, non de dar outro cambio de papeis ao mundo, senón de por primeira vez na historia do mundo, igualar aos seres humanos no que son, homes e mulleres libres e con dereitos fundamentais. 
Parece que ao longo que todos os anos da historia non se puideron eliminar as diferenzas raciais e que agora, a poboación branca está pagando todos os anos de sufrimento que causou ao resto de razas. 
Agora somos nos os pobres, os explotados, os utilizados, os escravos, os inmigrantes, os ladróns e en conclusión "a mala xente". 
Penso que o sentido do universo estanos a dicir: ESTIVOCHE BEN! 
A pesar diso, a pesar do comportamento dos nosos antepasados, quérome dirixir a todos os nosos "xefes" aos que estamos sometidos que: os homes actuais non temos culpa do vivido no s.XX nin tampouco da primeira metade do s.XIX. Nós só estamos pagando a débeda que os nosos ancestros tiñan con vós e por iso pido piedade, pido que me escoitedes e que se corra a voz de que non podemos seguir vivindo así. 
Que eu teño un soño, e o meu soño é saír a rúa e camiñar cinco quilómetros sen que me chamen "branco de merda". [...]"

Trala publicación do discurso clandestinamente non se conseguiu nada, galegos inocentes foron asasinados pola suposta cooperación con Xacobe e por ter as súas ideas que moitos din que lle viñan nos xenes, nas súas raíces.
Tiveron que pasar 30 anos ata que por primeira vez na historia, TODOS sexamos iguais como é hoxe en día que como espero que siga sendo durante o resto da nosa existencia, porque por fin o ser humano fixo un bó uso da razón, por fin eliminou os oceános que separaban aos continentes e por fin creouse unha única raza, a humana.

No hay comentarios:

Publicar un comentario